«Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, num paquete alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro tren que corría pouco e dispois un coche da cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; i era forza pecha-los ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.»
Alfonso R. Castelao, «O segredo», Retrincos e Un Ollo de Vidro, edição de Manuel Rosales, 2.ª edição, Vigo, Editorail Galaxia, 2002, p. 51
(lido na sessão de quarta-feira, 25 de Setembro de 2014)